Saturday 18 de May de 2024

Ovidio Rodeiro destaca o traballo dos guías turísticos como “perfectos embaixadores” da Galicia competitiva e de calidade


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou na visita guiada pola Cidade Vella organizada pola Asociación Profesional de Guías Turísticos de Galicia co apoio de Turismo de Galicia. Rodeiro destacou o importante labor que desempeñan os Guías de Turismo como parte fundamental do sector turístico e, ao mesmo tempo, quixo reforzar coa súa presenza o recoñecemento que merece esta profesión. Este o día dedicouse ao turismo sostible e accesible, baixo o lema: Por un turismo de calidade, accesible e sostible, confía en Guías Oficiais. O delegado compartiu a visita con varias asociacións e colectivos que loitan cada día por unha vida e un turismo adaptado as súas necesidades.

Ovidio Rodeiro trasladoulle aos Guías Turísticos que “apoiamos hoxe coa nosa presenza o voso valioso traballo para facer de Galicia un destino mellor, un destino competitivo e de calidade, porque sodes perfectos embaixadores do noso destino e un eslavón fundamental na cadea de valor do sector turístico”. O delegado engadiu que “no Goberno galego temos moi presente que a calidade só pode vir da man da formación e profesionalidade”, e mencionou o Plan de Accesibilidade Turística e do Camiño de Santiago como un referente internacional do turismo inclusivo que promove a Xunta.